martes, 7 de junio de 2016

Lecturas comprensivas cada día.

Boa tarde:
Aquí están as lecturas comprensivas que facemos diariamente na aula (agás os xoves). Escoitamos unha lectura que recitan os/as encargados/as e éstes responden as distintas cuestións propostas.

Aquí vos deixo o enlace das 33 lecturas comprensivas. Esta semana rematarémolas e cambiaremos de actividade.

(* Facer click no terceiro enlace).



Este material pertence ao blog : lapiceromagico.blogspot.com

 Un saúdo.

lunes, 6 de junio de 2016

Reunión 7 de xuño.

Boas tardes:
A próxima reunión das familias de 1ºB coa súa titora será o martes 7 de xuño ás 6 da tarde.

Un saúdo.

jueves, 26 de mayo de 2016

Practicando sinfóns.

Boa tarde:

Tempo para practicar os SINFÓNS ( dúas consoantes seguidas dentro dunha mesma sílaba).

*Todos os libros LIM que aparecen a continuación están en CASTELÁN. 

                               
                             Comezamos con PR - PL 


                    

                                
                               seguimos con  FL - FR 



a continuación GL - GR 





 sen esquecernos de  DR - TR 



e por último unha recompilación dos sinfóns  FL - FR - TR e DR.







A practicar!!

Un saúdo.



(Esta información aparece nun blog moi interesante  PTYAL ao que podedes acceder desde o seguinte enlace)


jueves, 19 de mayo de 2016

Manuel María en 1*B

Bo día:
Neste mes das Letras Galegas  estreamos o "Caderno Viaxeiro das Poesías" que vai de casa en casa co libro-CD " Soños na Gaiola" de Manuel María e musicado por Suso Vaamonde.






En homenaxe a ambos elaboramos este vídeo.





           Que viva a poesía e a música!!!

viernes, 13 de mayo de 2016

Mondadentes en matemáticas.

Bo día:
A semana que vén estaremos manipulando mondadentes. Cada neno e cada nena de 1ºB debe traer para o luns 16 de maio un paquete de 100 mondadentes ( o prezo aproximado é 1€ en calquer tenda ou supermercado ).

Un saúdo.

Cartilla de lectura II

Bo día :

Aquí tedes outra cartilla de lectura máis completa:



Destaco as páxinas finais (da páxina 47 á 71) que son de maior complexidade e son as que estamos reforzando estes días.

Un saúdo.







jueves, 5 de mayo de 2016

"Cartilla de lectura"

Bo día:

Aquí vos deixo unha web con pequenas lecturas para perfeccionar e reforzar a lectura.


Un saúdo.