domingo, 29 de noviembre de 2015

Tres novas entregas dos cadernos viaxeiros: Caderno Viaxeiro das Pegadas de Daniel e Gabriela e Caderno Viaxeiro "O que máis me gusta do mundo ..." de María.

Boas a todas e todos!!!


Que traballadores son 

os nenos e as nenas de 1º B!!! 

Os cadernos viaxeiros non paran  e van de casa ao cole e do cole á casa. Aquí temos as novas entregas dos cadernos viaxeiros:

O CADERNO DAS PEGADAS:

- Daniel:

Dani animouse a empregar os tres tipos de  pegadas: a da súa man, as dos seus dedos e ...as do seu pé!!TODOS E TODAS, sen excepción, quedamos abraiados polo seu traballo e a súa imaxinación. Fixádevos na súa obra!!!









Moitas grazas a Daniel e á súa familia pola súa colaboración. 


E Dani fixo entrega do Caderno das Pegadas a...

Gabriela!!




-  Gabriela :


Veloz coma o vento trouxo de volta o caderno. Aquí a tedes mostrando orgullosa a súa páxina:

Gabriela escolleu as pegadas dos seus dedos e tamén as das súas mans. Un fantástico traballo que ensinou a toda a clase.




Moitas grazas a Gabriela e á súa familia polo voso esforzo.

E despois de Gabriela...



Quenda de Xabi!!!

---------------
Caderno "O que máis me gusta do mundo é...":
María.


María trouxo de volta o caderno cun debuxo onde representaba o que máis lle gustaba do mundo : xogar ó Pinochiño Inglés!!!

Moi orgullosa do seu traballo foi mesa a mesa ensinando aos seus compañeiros e compañeiras o seu estupendo traballo.






Os nenos e nenas recordaban este xogo que practicaran o ano pasado coa profe Alicia nos "talleres".

Moitas grazas a María e á súa familia pola vosa colaboración e esforzo.

E María entregou o caderno viaxeiro a...
Amine. 



         CON QUE NOS SORPRENDERÁN  
AMINE E XABI???


                            

                                                               Unha aperta de Berta


martes, 24 de noviembre de 2015

Caderno viaxeiro "O que máis me gusta do mundo é..." 4ª Parte e... caderno viaxeiro "O caderno das pegadas" 2ªparte.

Ola de novo!!
Aquí tedes a cuarta entrega do caderno viaxeiro "O que máis me gusta do mundo é..." e a segunda entrega do cuaderno viaxeiro " O caderno das pegadas".

Álvaro tiña moi claro o que plasmaría na súa páxina de "O que máis me gusta do mundo é...".

Emocionado ensinounos o seu traballo :




Así descubrimos que O GOLF é unha das cousas que máis lle gusta do mundo e contounos cousas sobre este deporte  que non coñecíamos  (que era un PAT , como se hai que colocar para lanzar,etc...).

QUE MARABILLA APRENDER UNS DOS OUTROS!!!

GRAZAS A ÁLVARO E Á SÚA FAMILIA!!!


CADERNO DAS PEGADAS (2ª PARTE).

Aarón foi o segundo destinatario do "Cuaderno viaxeiro das pegadas". Quixo ser fiel o modelo establecido pero engadindo detalles moi imaxinativos.

Aquí tedes unha mostra da súa emocion ao chegar co caderno:



Cando Aarón abriu o seu caderno os nenos e as nenas de 1º B quixeron ver con todo detalle como eran "as súas pegadas".


UN TRABALLO XENIAL!!

GRAZAS A AARÓN E Á SÚA FAMILIA POR COLABORAR!!!

E AGORA TÓCALLE A ...


 Daniel...



e a María.

Con que nos sorprenderán??

PROXIMAMENTE

   

                                    Unha aperta de Berta













viernes, 20 de noviembre de 2015

Caderno viaxeiro das pegadas.Parte 1

Ola a todas e todos!!

Xa está en marcha o segundo caderno viaxeiro:"O caderno viaxeiro das pegadas".

Flavia foi a primeira destinataria e ao día seguinte xa a trouxo de volta. Plasmou a pegada da  súa man  e múltiples pegadas dos seus dedos. 
Aquí tedes unha mostra do seu traballo:




Inspirouse nun dos seus compañeiros...En quen sería??
Bo traballo !!!!

Grazas a Flavia e á súa familia pola vosa colaboración.

E o seguinte é...


Aarón!!
 Imaxinación ao poder!!!


                              Unha aperta de Berta

jueves, 19 de noviembre de 2015

Caderno Viaxeiro 3ª parte: Enxa

Bo día a todas e todos!!

O mércores Enxa trouxo de volta o caderno viaxeiro "O que máis me gusta do mundo é...".

Con moito orgullo e o seu sorriso mostrou a súa páxina onde non só aparecía ela, se non que estaba acompañada polas súas mascotas. 

Lembrades que animais eran?? Botádelle un ollo ás fotos.






Bo traballo Enxa!!!

Grazas a Enxa e á súa familia pola súa colaboración.

E chega o momento de...ÁLVARO



          
         CON QUE NOS SORPRENDERÁ??


                                                                              Unha aperta de Berta







martes, 17 de noviembre de 2015

En Educación artística...números a esgalla!!

Olaaa!!Helloooo!! Holaaaa!!!

Hoxe a clase de 1º B foi máis trilingüe que nunca. Na última sesión dos martes o alumnado de 1º B exercita as súas dotes artísticas e hoxe expresáronse a través da plastilina ( algo que lles encanta).

O obxectivo foi realizar números en plastilina. Eses  números podían chegar ata o 20  coa condición de que despois tiñan que contar en voz alta os números que fixeran coas súas mans.

Unha vez rematados os números tiñan que escoller entre as tres linguas que traballamos os martes para contar en voz alta: castelán, inglés ou galego.

Aquí están os resultados por orde de lista (aviso: a calidade non é moi boa ): 


























Gabriela e Dani fixeron tantos números que tiven que cambiar o formato do vídeo. 

Que vivan as linguas, incluso as que se inventaron nestes vídeos!!

                       Bravooooo!!! Sodes xeniais!!


                                                                                   Unha aperta de Berta




domingo, 15 de noviembre de 2015

Despedida da profe María

Ola a todas e todos!!

Este venres pasado a profe María rematou as súas prácticas na nosa clase e tivemos que despedirnos dela. Volve á universidade para rematar os seus estudos e convertirse nunha gran mestra. 
Toda a clase de 1º B e todos os mestres botarémola moitísimo de menos. 







             Grazas por todo , María.



              Unha aperta enorme!!!

   Volve a visitarnos cando queiras!!

viernes, 13 de noviembre de 2015

Caderno viaxeiro 3ª parte

Ola a todos e todas!!!


Definitivamente o noso primeiro caderno é tan viaxeiro e tan veloz como os trens de Hugo xa que en menos de 24 horas xa está de volta!!

Emocionado e feliz, José Luis abriu o caderno e todos e todas quedamos abraiados...




  "O Taekwondo" foi a súa resposta. É o deporte que máis lle gusta a José Luis e todos o sabíamos pero foi toda unha sorpresa atopar unha foto del mesmo vestido co seu dobok  branco e o debuxo da súa medalla. Todos e todas aplaudimos o seu traballo.



Moitísimas grazas a José Luis e á súa familia. 

E o caderno segue viaxando ata a casa de...





QUE SERÁ O QUE MÁIS LLE GUSTA DO MUNDO A ENXA??

PROXIMAMENTE

             
                                
                                                           Unha aperta de Berta


jueves, 12 de noviembre de 2015

Caderno viaxeiro 2ª parte

Ola familias!!
O caderno viaxeiro xa está de volta!! Hugo fixo un gran traballo e debuxou e escribiu o que máis lle gustaba do mundo.
Queredes saber o que é??






Hugo contounos que os trens e as pontes eran as cousas que máis lle gustaban do mundo. Toda a clase escoitou a súa exposición e aplaudiu o seu esforzo e o seu bo facer.

Graciñas a Hugo e a súa familia polo voso esforzo.

E agora tócalle a...

                                               JOSÉ LUIS





Que será o que máis lle gusta do mundo???
     
                   PROXIMAMENTE



                                             Unha aperta de Berta



miércoles, 11 de noviembre de 2015

Xogando coas matemáticas

Bo día!!
hoxe achégovos unha mostra  de dous materiais manipulativos que empregamos na aula.

O primeiro é todo un clásico: O  CONECTA 4. Con el fixemos dous equipos e practicamos varios aspectos como o xogo en equipo, a estratexia, o respecto ás quendas de cada equipo ou respectar as normas .










O segundo é de elaboración caseira:

 A CAIXA DAS SUMAS.



Podédela facer xuntos na casa!!

Pasos a seguir: 

1) Recompilar  tapóns de zume ou  leite (mínimo 20).

                      
 2) Forrar unha caixa de zapatos (ou similar).
                  
3) Incrustar na tapa da caixa cinco "tapóns  bases" como os da foto.
     (Tede coidado xa que os nenos e as nenas poden mancarse xa           que teñen "dentes". )





 4) Pintade unha raia que indique a separación dos sumandos do            total.





5) Escribide os números do 1 ao 10 nos tapóns (con pegatinas ou pintando directamente sobre eles) e o signo  +    e ...A ENROSCAR E SUMAR!!!



                          APRENDEMOS E RECICLAMOS!! 

                  QUE VIVAN AS MATEMÁTICAS!!


                                                                                          Unha aperta de Berta


martes, 10 de noviembre de 2015

Chegou o caderno viaxeiro: "O que máis me gusta do mundo é..."

Bo día familias !!! 
Bo día rapaces !!!

O caderno viaxeiro chegou a 1ºB. O seu título é " O que máis me gusta do mundo é...".

Cada neno e nena que leve a casa este caderno terá  unha tarefa : escribir o final desa frase. Eu, como titora xa puxen o meu exemplo que o descubriredes cando chegue  ás vosas casas.

Podedes decorar a páxina co material que queirades ( pegatinas, debuxos, recortes de xornais, fotos...)pero recordade que só tedes esa páxina así que aproveitádea moi ben!!

Imos por orde de lista así que ...HUGO foi o primeiro e estaba moi emocionado.



Cando a traia de volta publicaremos a súa páxina...
que será o que máis lle gusta do mundo???

Esta semana saberémolo!!

                                                    

                                                                   Unha aperta de Berta


domingo, 8 de noviembre de 2015

A profe María

Ola a todos e todas!!


Estas semanas temos a gran sorte de contar cunha profe máis na aula: a profe María. Os luns, mércores e venres vén a 1º B co seu mellor sorriso á nosa clase. Está estudando para ser mestra nun futuro moi próximo e estamos seguros de que será unha mestra xenial. Os nenos e as nenas de 1º B adórana...e non é para menos.






María escolleu o país de  Marrocos como  tema principal das actividades que leva a cabo na aula. Coñeceron a bandeira de Marrocos, situárona no mapa e veron a distancia que hai ata España,..e ata escribiron os seus nomes en árabe. 

Aquí tedes unha pequena mostra do traballo que están a facer na aula.


E mañá luns a profe María traerá unha sorpresa relacionada con Marrocos...que será??


                           
                                                                                                     Unha aperta de Berta

miércoles, 4 de noviembre de 2015

O Samagosto chegou e aos nenos...lles encantou!!


O xoves 29 de outubro pasámolo ...DE MEDO!!!

Ben cedo pola mañá atrevesamos o túnel do terror situado na entrada da biblioteca para facer a nosa   "APÓCEMA MÁXICA"!!!

O noso obxectivo foi que as persoas que o probaran se convertesen en MORCEGOS!!!

Gustou tanto a nosa APÓCEMA que ata nos deron un diploma!!






A Amine felicitámolo pola súa cabaciña.
 El representou coa súa cabaza á clase de 1º B.



Chegou o recreo e despois...

MAGOSTO!!!!


Todos e todas (sen excepción) probamos as castañas e presumimos dos nosos cornetes. 






E COA BARRIGUIÑA CHEA...

A CANTAR E  BAILAR!!!



Aquí tedes a canción completa coa que cantamos e bailamos "ARAO"






ATA O ANO QUE VÉN, SAMAGOSTO!!!


                                                                                                                                                

                                                                               Unha aperta de Berta