O xoves 29 de outubro pasámolo ...DE MEDO!!!
Ben cedo pola mañá atrevesamos o túnel do terror situado na entrada da biblioteca para facer a nosa "APÓCEMA MÁXICA"!!!
O noso obxectivo foi que as persoas que o probaran se convertesen en MORCEGOS!!!
Gustou tanto a nosa APÓCEMA que ata nos deron un diploma!!
A Amine felicitámolo pola súa cabaciña.
El representou coa súa cabaza á clase de 1º B.
Chegou o recreo e despois...
MAGOSTO!!!!
Todos e todas (sen excepción) probamos as castañas e presumimos dos nosos cornetes.
E COA BARRIGUIÑA CHEA...
A CANTAR E BAILAR!!!
Aquí tedes a canción completa coa que cantamos e bailamos "ARAO"
ATA O ANO QUE VÉN, SAMAGOSTO!!!
Unha aperta de Berta






No hay comentarios:
Publicar un comentario