Definitivamente o noso primeiro caderno é tan viaxeiro e tan veloz como os trens de Hugo xa que en menos de 24 horas xa está de volta!!
Emocionado e feliz, José Luis abriu o caderno e todos e todas quedamos abraiados...
"O Taekwondo" foi a súa resposta. É o deporte que máis lle gusta a José Luis e todos o sabíamos pero foi toda unha sorpresa atopar unha foto del mesmo vestido co seu dobok branco e o debuxo da súa medalla. Todos e todas aplaudimos o seu traballo.
Moitísimas grazas a José Luis e á súa familia.
E o caderno segue viaxando ata a casa de...
QUE SERÁ O QUE MÁIS LLE GUSTA DO MUNDO A ENXA??
PROXIMAMENTE
Unha aperta de Berta



No hay comentarios:
Publicar un comentario