Estas semanas temos a gran sorte de contar cunha profe máis na aula: a profe María. Os luns, mércores e venres vén a 1º B co seu mellor sorriso á nosa clase. Está estudando para ser mestra nun futuro moi próximo e estamos seguros de que será unha mestra xenial. Os nenos e as nenas de 1º B adórana...e non é para menos.
María escolleu o país de Marrocos como tema principal das actividades que leva a cabo na aula. Coñeceron a bandeira de Marrocos, situárona no mapa e veron a distancia que hai ata España,..e ata escribiron os seus nomes en árabe.
E mañá luns a profe María traerá unha sorpresa relacionada con Marrocos...que será??
Unha aperta de Berta



No hay comentarios:
Publicar un comentario