Aquí tedes a cuarta entrega do caderno viaxeiro "O que máis me gusta do mundo é..." e a segunda entrega do cuaderno viaxeiro " O caderno das pegadas".
Álvaro tiña moi claro o que plasmaría na súa páxina de "O que máis me gusta do mundo é...".
Emocionado ensinounos o seu traballo :
Así descubrimos que O GOLF é unha das cousas que máis lle gusta do mundo e contounos cousas sobre este deporte que non coñecíamos (que era un PAT , como se hai que colocar para lanzar,etc...).
QUE MARABILLA APRENDER UNS DOS OUTROS!!!
GRAZAS A ÁLVARO E Á SÚA FAMILIA!!!
CADERNO DAS PEGADAS (2ª PARTE).
Aarón foi o segundo destinatario do "Cuaderno viaxeiro das pegadas". Quixo ser fiel o modelo establecido pero engadindo detalles moi imaxinativos.
Aquí tedes unha mostra da súa emocion ao chegar co caderno:
Cando Aarón abriu o seu caderno os nenos e as nenas de 1º B quixeron ver con todo detalle como eran "as súas pegadas".
UN TRABALLO XENIAL!!
GRAZAS A AARÓN E Á SÚA FAMILIA POR COLABORAR!!!
E AGORA TÓCALLE A ...
Daniel...
e a María.
Con que nos sorprenderán??
PROXIMAMENTE
Unha aperta de Berta






No hay comentarios:
Publicar un comentario