Hoxe toca despedirnos do CADERNO VIAXEIRO DAS PEGADAS e José Luis e Hugo foron os encargados de pechar esta exitosa aventura viaxeira. Exitosa grazas a vos: nenos, nenas e familias.
JOSÉ LUIS:
Jose chegou ó colexio co caderno viaxeiro nas mans e con moitas ganas de ensinar a súa obra. Estaría relacionado co taekwondo??
Empregaría os tres tipos de pegadas?? Axiña resolvemos o misterio e contemplamos o seu traballo. Jose fixo... UNHA FLOR FEITA COAS PEGADAS DOS SEUS PÉS E DAS SÚAS MANS!!
BO TRABALLO, JOSE!!!
GRACIÑAS A JOSE E A SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.
E a última viaxe do caderno viaxeiro das pegadas foi á casa de HUGO.
HUGO:
Hugo non só empregou as súas propias pegadas das mans senón que tamén plasmou... AS PEGADAS DE VARIOS DINOSAURIOS.
Moi contento foi ensinando as pegadas a todas as compañeiras e compañeiros. Todos eles querían ver como eran as pegadas de dinosaurios
BO TRABALLO , HUGO!!!
GRAZAS A HUGO E Á SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.
MOITÍSIMAS GRAZAS, FAMILIAS .
FOI TODO UN PRACER COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA CON VÓS.
UNHA APERTA DE BERTA


















































