martes, 15 de diciembre de 2015

Última entrega do CADERNO VIAXEIRO DAS PEGADAS : José Luis e Hugo.

Ola a todos e todas!!
Hoxe toca despedirnos do CADERNO VIAXEIRO DAS PEGADAS e  José Luis e Hugo foron os encargados de pechar esta exitosa aventura viaxeira. Exitosa grazas a vos: nenos, nenas e familias.


JOSÉ LUIS: 

Jose chegou ó colexio co caderno viaxeiro nas mans e con moitas ganas de ensinar a súa obra. Estaría relacionado co taekwondo??
Empregaría os tres tipos de pegadas?? Axiña resolvemos o misterio e contemplamos o seu traballo. Jose fixo... UNHA FLOR FEITA COAS PEGADAS DOS SEUS PÉS E DAS SÚAS MANS!!




BO TRABALLO, JOSE!!!

GRACIÑAS A JOSE E A SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.



E a última viaxe do caderno viaxeiro das pegadas foi á casa de HUGO.


HUGO:





Hugo non só empregou as súas propias pegadas das mans senón que tamén plasmou... AS PEGADAS DE VARIOS DINOSAURIOS. 

 Unha idea xenial xa que en XANEIRO comezaremos a falar (e moito) destes interesantes animais.



Moi contento foi ensinando as pegadas a todas as compañeiras e compañeiros. Todos eles querían ver como eran as pegadas de dinosaurios



BO TRABALLO , HUGO!!!

GRAZAS A HUGO E Á SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.



MOITÍSIMAS GRAZAS,  FAMILIAS .

FOI TODO UN PRACER  COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA CON VÓS.


UNHA APERTA DE BERTA



No hay comentarios:

Publicar un comentario