miércoles, 2 de diciembre de 2015

Cadernos viaxeiros. Quenda de Xabi, Mariña, Miguel e Amine.

Ola a todos e todas!!
Aquí chegan os seguintes cadernos viaxeiros:

CADERNO "O QUE MÁIS ME GUSTA DO MUNDO É..."

- AMINE:

Cheo de emoción chegou Amine co seu caderno. Cando abriu o caderno chamounos a atención a cor vermella coa que pintou o que máis lle gusta do mundo que eran, nin máis nin menos que...
 OS HELICÓPTEROS. Moi garboso foi ensinando a súa páxina ao resto dos compañeiros. BO TRABALLO, AMINE!!!

GRAZAS A AMINE E Á SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.






                               E DESPOIS DE AMINE...




                                  QUENDA DE MIGUEL

Miguel tiña moi claro o que quería representar no caderno xa que xa nos falara da súa actividade marítima favorita.  Alegre e algo tímido ensinou a súa páxina onde mostraba que o que máis lle gustaba do mundo era...O PIRAGÜISMO.






Todos admiraron a foto onde Miguel aparece nunha piragüa. En primeiro B hai nenos e nenas moi deportistas...XENIAL!!

GRAZAS A MIGUEL E Á SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.

E AGORA TÓCALLE A...



                                            MARIÑA!!

     - - - - - - -- - - - -- - - - - - - - -- - - - - - - - - - - - -- - - - - - - 


              CADERNO VIAXEIRO DAS PEGADAS


Xabi:

Xabi escolleu as pegadas con moito detemento. Empregou as pegadas das súas mans para facer un animal...sabedes cal foi??
UNHA BOLBORETA . Verde, con brillantina...moi elaborada e con moito agarimo ensinou o seu traballo aos compañeiros. XENIAL, XABI!!!






 MOITAS GRAZAS A XABI E Á SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN!!

E despois de XABI:





QUENDA PARA     MARIÑA

Mariña:


Mariña é unha apaixonada dos animais e tiña moi claro que un animal aparecería no seu caderno pero... que pegadas empregaría??? 
Escolleu as pegadas máis difíciles e coa axuda da súa familia plasmou os seus pés na páxina e elaborou unha bolboreta!!! O mesmo animal que Xabi pero completamente diferente!!
                   
                        QUE VIVA A IMAXINACIÓN!!










MOITAS GRAZAS A MARIÑÁ E Á SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.




E MIGUEL E MARIÑA VOLVEN A APARECER PORQUE A SÚA QUENDA CHEGOU CON RAPIDEZ . 


PROXIMAMENTE : AS PEGADAS DE MIGUEL E O QUE MÁIS LLE GUSTA DO MUNDO DE MARIÑA.


                                  Unha aperta de Berta

No hay comentarios:

Publicar un comentario