Máis cadernos viaxeiros:
CADERNO DAS PEGADAS
MARÍA:
Chea de ledicia e ilusión chegou María co seu segundo caderno viaxeiro. Decidiu empregar as pegadas das súas mans e as súas impresións dixitais. Un resultado xenuíno e único que encantou a toda clase !!! BRAVO MARÍA!!
MOITAS GRAZAS A MARÍA E Á SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.
E O CADERNO VIAXEIRO DAS PEGADAS IRÁ A CASA DE ...ÁLVARO.
CADERNO VIAXEIRO:
"O QUE MÁIS ME GUSTA DO MUNDO"
MARIÑA:
Mariña chegou chea de ilusión co seu caderno ben agarradiño e cun gran sorriso. Xunto a María, Mariña ensinou á clase o que máis lle gusta do mundo que é...FACER EXCURSIÓNS COA SÚA FAMILIA!!
Mariña pegou unha foto da súa familia e decorouna con moito cariño e moito brillo. BRAVO MARIÑA!!
MOITAS GRAZAS A MARIÑA E Á SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.
E o caderno viaxeiro "O que máis me gusta do mundo é" irá a casa de...XABI.
Unha aperta de Berta






No hay comentarios:
Publicar un comentario