domingo, 13 de diciembre de 2015

Tres páxinas máis para os nosos cadernos. Caderno viaxeiro das pegadas de Enxa e Álvaro e caderno viaxeiro "O que máis me gusta do mundo é ..." de Xabi.

Ola de novo a todas e todos!!

Aquí chegan ...tres entregas máis dos cadernos viaxeiros!!!

Caderno " O que máis me gusta do mundo é..." de XABI.

Xabi entrou na clase máis tímido que de costume co caderno viaxeiro ben suxeito entre os seus brazos. Estaba emocionado. Cando abriu o caderno e ensinou a súa páxina non lle saian as palabras. 




O que máis lle gusta do mundo a Xabi é ....estar co seu irmán IKER. Todos admiramos a súa decisión e contemplamos a foto de Iker cando era un bebé. 




                     Unha páxina moi emocionante. BRAVO!!!

MOITAS GRAZAS A XABI E Á SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.

A seguinte parada do caderno viaxeiro será na casa de GABRIELA.




                   Con que nos sorprenderá???

- - - - - - -- - - - - - - - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -- - - - - - -  - -- - - - - - - - -  -- - - - -

CADERNO VIAXEIRO DAS PEGADAS

ÁLVARO:

O xoves chegou Álvaro co caderno viaxeiro. Con moitas ganas de ensinalo colocouse diante do encerado, agardou a súa quenda e con moito coidado abriu e ensinou a súa páxina...




Álvaro  empregou a pegada da súa man para debuxar un animal coñecido por todos...UN POLBO.




               Todos e todas admiraron o seu traballo. BRAVO!!



E con moito cariño entregou o caderno á súa compañeira ENXA.

ENXA:

Enxa entrou na clase con moita ilusión. Estaba orgullosa do seu traballo. Non pasaron uns segundos e decidiu abrir o seu caderno e ensinar o seu estupendo traballo.



Alí estaba a súa pegada, a pegada da súa man. Enxa decidiu plasmar... un CAN. 





Todas e todos admiraron o seu canciño e estivemos practicando como separar os nosos dedos da mesma maneira que os plasmou ela para poder plasmar a súa obra. BRAVO , ENXA!!

MOITAS GRAZAS A ENXA E Á SÚA FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.


E a seguinte pegada será a de  ...JOSÉ LUIS.




                   Con que nos sorprenderá???

                                     

         Unha aperta de Berta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario