lunes, 7 de marzo de 2016

ClassDojo : nova ferramenta de comunicación entre pais e centro.

Boa tarde:
A semana pasada en 1ºB descubrimos una nova ferramenta chamada CLASSDOJO ( chamada "LOS MONSTRUÍTOS" ou "OS MONSTRUOS" polos propios nenos e nenas).

É unha ferramenta GRATUÍTA que establece un control diario do comportamento dos nenos :  unha conexión directa familia-titora/profesorado.

ClassDojo  NON É UN GRUPO DE WHATSAPP. Eu como titora poderei publicar unha información para todo o grupo de pais/nais pero as familias só poderán establecer contacto conmigo como titora (ou cos profesores que imparten clase en 1º B).

ClassDojo non é obrigatorio. As persoas que non queiran (ou non poidan)  ter  ClassDojo no seu móbil seguirá co sistema da axenda. En ningún momento será discriminatorio xa que as familias seguirán sendo atendidas como ata agora.

Na clase de 2º está funcionando de forma extraordinaria.

COMO FUNCIONA???

Pasos a seguir para ter a aplicación CLASSDOJO no móbil ou tableta:

1. Descargar a App ClassDojo .Íremos a PLAY STORE (no caso de móbiles con sistema operativo Android) ou a APP STORE (no caso de móbiles con sistema operativo iOS - Apple).

2. Unha vez instada a aplicación haberá que facer clic en CREAR CUENTA NUEVA.

3. Escoller a opción PADRE/MADRE.

4. Engadir un correo electrónico e un contrasinal.

5. A continuación ClassDojo solicitará un código que o teredes a partir de MAÑÁ, MARTES 8 DE 
   MARZO. Esta información é individual .

A PARTIR DE MAÑÁ PODEREDES TER INFORMACIÓN DIRECTA AO MÓBIL DO COMPORTAMENTO OU ACTIVIDADES QUE REALICEMOS NO AULA E NO CENTRO.

Déixovos información en forma de vídeo :


Máis información sobre os beneficios desta aplicación que podedes atopar no seguinte enlace e que aparece resumido na seguinte imaxe:





Se tedes algún problema coa instalación ou no seu uso poñédevos en contacto conmigo.

ANIMÁDEVOS A DESCARGALA.

UN SAÚDO







No hay comentarios:

Publicar un comentario